INTRODUCIÓN

Benvidos/as ao noso blog.

Dende este espazo intentaremos ofrecer información (artigos, videos, noticias...) sobre un tema tan importante na actualidade como é o problema do tabaquismo, facendo fincapé na etapa da educación infantil.




viernes, 23 de septiembre de 2011

se un fuma, fumamos todos

Ainda que pareza contraditorio no video imos a ver un señor maior que a morte da sua esposa se da conta de que morreu por fumar pero sen fumar ela, fumando el. Esto pode suceder cos nosos rapaces e as nosas rapazas, non permitamos que nos decatemos tarde.
 Mensaxe moi importante para pais e nais fumadores.


2º Ciclo de educacion infantil
Área:Coñecementod e si mesmo e autonomia persoal
Bloque: O coidado Persoal e a saúde
Criterio de Avaliación: Identificación e valoración de hábitos favorecedores
ou non dunha boa saúde.

Hugo Maceira Prieto

5 comentarios:

  1. O tabaco non é só un problema que afecta á persoa fumadora, se non que tamén afecta aos q están ao seu redor. Neste triste vídeo, a muller deste home morre despois de aguantar os "malos fumes" do seu marido durante anos

    ResponderEliminar
  2. Paréceme un vídeo moi interesante, porque é bo sabelo, e explicarlle os nenos que fumar é malo para todos non só para os fumadores, pero tampouco me parece moi axeitado para nenos/as de infantil, tería que ser con máis debuxos e explicado doutra forma, se o obxectivo do vídeo é chegar ós pais si que me parece de verdadeiro interese, pero para chegar os nenos/as non.
    un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Creo que este video pode axudarnos a reflexionar sobre os perigos que o tabaco trae non só para o fumador/a senón tamén para aos que están ao noso arredor. O feito de que nel se reflexe unha persoa de avanzada idade faite pensar na importancia de protexer xa dende pequenos aos nenos do tabaco e por qué non de conciencialos dende a escola das fortes consecuencias que produce.
    Dicir tamén que estou de acordo con Aitor en que para nenos non valería pero sí é moi interesante para os pais e nais xa que ao fin e o cabo son eles os culpables de que o tabaco lle afecte pasivamente aos máis pequenos.

    ResponderEliminar
  4. Este vídeo parece moi forte, pero é a realidade. Temos que protexer os nenos/as dende pequenos xa que moita xente pensa que por fumar diante deles non pasa nada pero aquí vemos como a persoa que morre non é a fumadora senon que morre por culpa do home e isto tamén pode ocorrer cos nenos/as si fumamos diante deles dende pequenos.
    ALba María Casal Montero

    ResponderEliminar
  5. Tráxico pero moi realista, é un vídeo que fai pensar aos fumadores e tamén aos que non o son habitualmente. A verdade é que é de obrigado cumprimento protexer aos nenos e nenas do fume do tabaco,xa que é moi perxudicial e pode ter graves e tristes consecuencias.

    ResponderEliminar