INTRODUCIÓN

Benvidos/as ao noso blog.

Dende este espazo intentaremos ofrecer información (artigos, videos, noticias...) sobre un tema tan importante na actualidade como é o problema do tabaquismo, facendo fincapé na etapa da educación infantil.




sábado, 8 de octubre de 2011

Proxecto Educativo de Prevención do Tabaquismo

No documento de Faitic unha das actividades que se propoñen e o deseño dun Proxecto Educativo para a Prevencion e o retraso do tabaquismo. Esta actividade que se propon como un concurso entre colexios da moi bos resultados e propostas realmente actividades. O proxecto gañador do ano 2011, presentado poloCEIP Pedro Duque propon actividades moi interesantes tanto para infantil como primaria. O proxecto xira arredor dunha "mascota" Pulmonet.


Entre as actividades que se lle propoñen para infantil é a presentación desta personaxe a través de presentacións e videos, pero a actividade que máis me chamou a atención foi a elaboración dun paipay para celebrar o día sen tabaco.
Para elaborar este paipay fariamolo a través dun taller, no que poderian participar os alumnos de todos os cursos de 2º ciclo de ed. infantil e seria tan sinxelo como imprimir os debuxos, colorealos e pegarlles un pao no medio como vemos no debuxo.

Algo sinxelo, que poden levar a casa e que nos axuda a concienciar dun modo indirecto a vez que promocionamos o dia sen fume.

Tedes toda a información sobre este proxecto que realmente é interesante en:
e tedes moitos máis proxectos de varios anos en:

1º e 2º ciclo de educación infantil
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomia persoal
Linguaxes: comunicación e representación.

Bloque de Contidos: O Coidado persoal e a saude
Cultura e vida en Sociedade
Expresión plástica e musica
Criterio de Avaliación:Manifestar hábitos de saúde, alimentación saudable,
hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente
espazos e materiais.

MANUEL SEGUIN FIDALGO

No hay comentarios:

Publicar un comentario