INTRODUCIÓN

Benvidos/as ao noso blog.

Dende este espazo intentaremos ofrecer información (artigos, videos, noticias...) sobre un tema tan importante na actualidade como é o problema do tabaquismo, facendo fincapé na etapa da educación infantil.




sábado, 8 de octubre de 2011

Cartera de actividades. Tabaco en la escuela


O consumo de tabaco considérase coma unha das máis graves epidemias do último século. A OMS, para combatir este importante problema, articulou unhas políticas de saúde nas que se tomara en consideración a importancia e gravidade das repercusións do consumo de tabaco na saúde da poboación. Algúns principios básicos desta política son:

- Promocionar a saúde

- Respetar aos non fumadores

- Apoiar aos fumadores para que logren perder esa costume

- Difundir os beneficios de evitar o consumo de tabaco

A pesares de toda a información e de tódolos avances que se están levando a cabo en materia de tabaco, o consumo segue sendo moi alarmante, especialmente entre a poboación máis nova. Obsérvense os seguintes cadros:




O consumo de tabaco entre a poboación máis nova é especialmente elevada entre as mulleres.


Nesta táboa obsérvase como o consumo de tabaco entre as idades de 16 e 24 anos é moi significativo. Na enquisa realizada dentro das actividades de detección de trastornos de conducta alimentaria indica que as rapazas de entre 12 e 14 anos fuman máis cós rapaces.

Cómpre a realización de actividades que axuden a previr e a diminuír o consumo de tabaco entre a poboación máis nova, e para iso, debemos ser os mestres os que comecen informando aos nosos alumnos dos riscos e consecuencias de fumar.

Fuente: Generalitat Valenciana. Consellería de Sanitat

No hay comentarios:

Publicar un comentario