INTRODUCIÓN

Benvidos/as ao noso blog.

Dende este espazo intentaremos ofrecer información (artigos, videos, noticias...) sobre un tema tan importante na actualidade como é o problema do tabaquismo, facendo fincapé na etapa da educación infantil.




sábado, 8 de octubre de 2011

CLASE SEN FUME é un concurso europeo para estimular a prevención do tabaquismo entre alumnos de 12 a 14 anos (para os cursos de 1º e 2º de ESO).

Este programa pretende reforzar:

O carácter voluntario da decisión de non fumar.
O compromiso de todo o grupo.
A responsabilidade de cada un.
A confianza en sí mesmo e nos outros.
O premio-recompensa como estímulo.

A prevención do tabaquismo na escola pretende, como primer obxectivo, evitar ou rertasar a iniciación no consumo do tabaco dos escolares. Tendo en conta que a introdución no cosumo do tabaco prodúcese ao comezar a adolescencia, recoméndase que as accións preventivas se ubiquen no primeiro ciclo da ESO.

Clase sen Fume baséase no compromiso coletivo de toda a clase e o seu tutor/profesor para manterse sen fumar durante un período de, polo menos seis meses consecutivos ao largo do curso escolar.
O compromiso implica manter a vontade de non fumar até o final do curso e que a clase elabore un eslogan, sobre prevención do tabaquiesmo que a identifique como grupo.
Ciclo de infantil: 2º
Área de coñecemento: A problemática do tabaco.
Bloque de contidos: Unha vida sen fume.
Criterio de evaluación:
Indicadores:
Fonte: web.

1 comentario:

  1. Recordo perfectamente este concurso, cando eu participei nel estaba en 2º de ESO. En realidade paréceme algo interesante pois é unha maneira de que os rapaces/as non comecen a fumar a estas idades, e se a responsabilidade recae sobre unha persona que fuma considero que para non perxudicar a todo o grupo non fumará, e isto é a finalidade do concurso.

    ResponderEliminar