INTRODUCIÓN
Dende este espazo intentaremos ofrecer información (artigos, videos, noticias...) sobre un tema tan importante na actualidade como é o problema do tabaquismo, facendo fincapé na etapa da educación infantil.
miércoles, 14 de diciembre de 2011
viernes, 25 de noviembre de 2011
jueves, 24 de noviembre de 2011
Malos Humos
miércoles, 23 de noviembre de 2011
martes, 22 de noviembre de 2011
O Planeta esta vivo
viernes, 4 de noviembre de 2011
O segredo é descuberto
1º e 2º ciclo de educación infantil
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomia persoal
Linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de Contidos: O Coidado persoal e a saude
Cultura e vida en Sociedade
Expresión plástica e musica
José David Pereira Bello
Cambios á hora de divertirse
1º e 2º ciclo de educación infantil
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomia persoal
Linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de Contidos: O Coidado persoal e a saude
Cultura e vida en Sociedade
Expresión plástica e musica
Os riscos de fumar
Aprender Importa
No es un juego
Neste video, os protagonistas Coque e Puma atopan un cigarro no chan e ensínanllelo ao pai de Coque.
1º e 2º ciclo de educación infantil
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomia persoal
Linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de Contidos: O Coidado persoal e a saude
Cultura e vida en Sociedade
Expresión plástica e musica
Víctor Hugo Maceira Prieto
sábado, 8 de octubre de 2011
Cartera de actividades. Tabaco en la escuela
- Promocionar a saúde
- Respetar aos non fumadores
- Apoiar aos fumadores para que logren perder esa costume
- Difundir os beneficios de evitar o consumo de tabaco
A pesares de toda a información e de tódolos avances que se están levando a cabo en materia de tabaco, o consumo segue sendo moi alarmante, especialmente entre a poboación máis nova. Obsérvense os seguintes cadros:
Nesta táboa obsérvase como o consumo de tabaco entre as idades de 16 e 24 anos é moi significativo. Na enquisa realizada dentro das actividades de detección de trastornos de conducta alimentaria indica que as rapazas de entre 12 e 14 anos fuman máis cós rapaces.
Cómpre a realización de actividades que axuden a previr e a diminuír o consumo de tabaco entre a poboación máis nova, e para iso, debemos ser os mestres os que comecen informando aos nosos alumnos dos riscos e consecuencias de fumar.
Fuente: Generalitat Valenciana. Consellería de Sanitat
Área de coñecemento: A problemática do tabaco.
Bloque de contidos: Unha vida sen fume.
Criterio de evaluación:
Indicadores:
Fonte: web.
Rede de Centro Sen Fume
Nesta entrada vou falar sobre a Rede de Centros Sen Fume. É unha iniciativa para impulsar a prevención do tabaquismo e da deshabituación tabáquica desde os centros de saúde.
Nunha primera fase esta rede conformarana os dispositivos de Atención Primaria, que contan con un programa de accións fronte o tabaquismo e profesionais formados neste campo.
A Rede de Centros Sen Fume contará con un plan de formación para profesionais en abordaxe do paciente fumador y desenvolveranse accións de prevención do tabaquismo a nivel comunitario. Crearase unha nova iniciativa, que se basarase no estudio sobre o abandono do tabaco a través de tratamentos farmacolóxicos a grupos de risco, como embarazadas e enfermos crónicos con Enfermedade Pulmonar Obstructiva Crónica -EPOC- ou con cardiopatía isquémica.
Espero que vos guste o meu aporte e grazas por visitarnos.
Ciclo de infantil: 2º
Área de coñecemento: A problemática do tabaco.
Bloque de contidos: Unha vida sen fume.
Fonte: Propia, Comunidade de Madrid e Consellería de Sanidade.
Aula de Tabaco
Existe unha evidencia científica que o consumo de tabaco é unha gran ameaza para a saúde e o benestar persoal. O consumo do mesmo relaciónase con máis de 25 enfermidades e o causante do 30% do total dos cancros como son o de pulmón, cavidade oral, larinxe, farinxe, esófago, vejiga e riles. Outras enfermidades como a bronquite asócianse ao tabaquismo. En relación ás enfermidades cardiovasculares aquelas persoas que teñen máis riscos de sufrilas son os fumadores pasivos, facendo maior fincapé no perigo que o fume do tabaco exerce sobre a saúde infantil provocando unha innumerable seria de infeccións e enfermidades.
A Comunidade Valencia realizou un estudo a través do cal indícallenos que no ano 2005 o 29% dos valencianos son fumadores na actualidade, unha cifra bastante alarmante dado que no período entre os anos 1992-2004 faleceron 6500 persoas anualmente por causas atribuídas ao consumo de tabaco, unha cifra moi elevada.
Nos últimos anos aprobáronse leis e medidas para erradicar o tabaquismo, pero a situación segue sendo preocupante dado que a maioría da poboación nova e máis concretamente nas mulleres seguen sendo grandes consumidores do mesmo.
O aula de tabaco é un instrumento didáctico para a prevención ou a diminución do consumo do tabaco, está dirixido a centros docentes de ensino secundario nos departamentos de saúde. O aula está formada por varios elementos que nos introducen na problemática do tabaco, desde a publicidade ata os seus efectos, as sesións teñen unha duración aproximada de 50 minutos e está tutorizada por monitores con formación en prevención do tabaquismo.
Os contidos do aula refórzanse con folletos nos que se nos achega información como a historia do tabaco , a súa expansión , compoñentes, venda do mesmo, custo sanitario?.
1ºe 2º ciclo de educación infantil
Área: Coñecemento de se mesmo e autonomia persoal
Linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de Contidos: O Coidado persoal e a saude,cultura e vida en Sociedade e Expresión plástica e música
Criterio de Avaliación:Manifestar hábitos de saúde, alimentación saudable,
hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais.
Proxecto Educativo de Prevención do Tabaquismo
viernes, 23 de septiembre de 2011
se un fuma, fumamos todos
Mensaxe moi importante para pais e nais fumadores.
2º Ciclo de educacion infantil
Área:Coñecementod e si mesmo e autonomia persoal
Bloque: O coidado Persoal e a saúde
Criterio de Avaliación: Identificación e valoración de hábitos favorecedores
ou non dunha boa saúde.
Hugo Maceira Prieto
O tabaco tamén enxordece
Riscos a ter en conta.
Área de coñecemento: A problemática do tabaco.
Bloque de contidos: Unha vida sen fume.
Criterio de evaluación:
Indicadores:
CiberDodo loita contra o tabaco
Ola a todos/as, benvidos o noso blog. Nesta entrada deixovos o enlace dunha páxina na que poderedes disfrutar dun xogo bastante entretido.
O xogo trata dun pulmón que ten que salvar o mundo do tabaco, teredes que intentar eliminar a todos los cigarros que poidades sen que que estes vos toquen e e vos quiten vida. Iredes conseguindo puntos, cada vez que acabades con un cigarro e se conseguides unha boa puntuación apareceredes na lista dos mellores resultados.
Espero que vos guste a miña aportación.
1º e 2º ciclo de educación infantil
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomia persoal
Coñecemento do contorno
Bloque de Contidos: O Coidado persoal e a saude,Cultura e vida en Sociedade
Criterio de Avaliación:Manifestar hábitos de saúde, alimentación saudable,
hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais
Identificar e coñecer os grupos sociais máis significativosdo contorno do alumnado e algunhas característica da súa organización
Fonte: http://es.cyberdodo.com/game/view?id=4387&response=0
jueves, 22 de septiembre de 2011
¿ Cómo previr o tabaquismo durante o embarazo ?
Benvidos ó meu primeiro post sobre o tabaquismo na idade infantil
Neste primeiro post falarei do estilo de vida que segue unha embarazada e os perigos que pode correr o feto debido ós hábito de fumar que a súa nai indirectamente exerce sobre el.
Hai anos sabemos que o estilo de vida dunha embarazada inflúe moito coa xestación sá do bebé e cun saudable embarazo.
Se o tabaquismo está presente durante o embarazo córrese maior risco de aborto e de mortaldade.
O tabaquismo durante o embarazo arrisca a saúde das mulleres e do ser en xestación xa que ó inhalar o fume do cigarro modifican o contorno no que ese ser se desenvolve.
Está comprobado que fillos de mulleres con tabaquismo que non o abandoaron durante o embarazo teñen máis probabilidades de sufrir morte súbita e nalgúns casos enfermidades respiratorias agudas.
Algúns datos din que os fillos de mulleres con tabaquismo que non o abandonaron durante o embarazo sofren diferentes situacións como poden ser :
-Falta de osíxeno, provocada pola nicotina que viaxa no sangue da embarazada.
-Hipoxia, que se produce cando os tecidos non reciben a cantidade suficiente de osíxeno aínda estando presente no sangue.
-O monóxido de carbono é tóxico tanto para o adulto como para o feto,a consecuencia disto é que o neno non naza co peso suficiente.
É importante que as mulleres con tabaquismo que queren un embarazo saudable e feliz, saiban que os efectos de abandoar o cigarro nótase desde o primeiro momento e que xunto con outros coidados poden axudar notablemente a que o embarazo sexa saudable e o feto se desenvólva formando un bebé que naza san, forte e sen problemas.
Coma reflexión salientar que todo coidado que a nai realice durante o embarazo repercutirá de maneira positiva durante o desenrolo do neno no seu interior, polo que debemos facer fincapé en primar o crecemento sá e correcto do neno por riba dos vicios que poideramos ter á hora do embarazo dado que isto fará que o noso neno naza forte, sá e sen ningunha enfermidade derivada polo tabaco.
1º e 2º ciclo de educación infantil
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomia persoal
Coñecemento do contorno
Bloque de Contidos: O Coidado persoal e a saude,Cultura e vida en Sociedade
Criterio de Avaliación:Manifestar hábitos de saúde, alimentación saudable,
hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais
Identificar e coñecer os grupos sociais máis significativosdo contorno do alumnado e algunhas característica da súa organización
Fuente: saludalia.com
domingo, 18 de septiembre de 2011
Inicio do noso Blog
No noso lateral podes atopar videos sobre esta información.
Agardamos que vos interese